SOBRE A ILUSTRACIÓN GALEGA
TEORÍA E PRÁCTICA (1)
|
Pazo de Raxoi
|
No século XVIII, a Galiza, como o resto da Europa, veu xurdir un movimento que representou un novo interés polas ideas e o progreso material, que coñecemos con o nome de Ilustración ou Iluminismo. A chegada da nova dinastía borbónica ao trono de España, a instauración do centralismo de inspiración francesa, a unificación das coroas de Castela Aragón, supuso, paradóxicamente, un alivio do longo período de sometimento e dominación do país galego, até ese momento subordinado e sometido polo Reino de Castela até extremos inimaxinables: só en 1621, e cando o feito xa carecía de toda importancia, a Galiza obtivo representación nas Cortes de Castela: dous votos a repartir entre as sete cidades galegas.
Así, nun momento dun certo auxe económico, alternado de crisis terribles como a de 1768-1769, que veu milleiros de campesinos acudir á Catedral e mosteiros da cidade de Santiago de Compostela para non morrer de fame, a apertura do porto da Coruña ao comercio con as colonias americanas, as boas rentas que percibía o Arcebispado de Santiago, así como os innumerables mosteiros que se multiplicaban por todo o país, a renovación urbanística emprendida pela cidade, son indicios que mostran un novo dinamismo económico e cultural.
Ilustrados eclesiásticos
Simultáneamente, figuras como o Padre Feijoo e Frei Martín Sarmiento, galegos que viveron a maior parte da sua vida fora da sua terra, pero que, sobre todo o segundo, tiveron sempre a Galiza no centro do seu interés. Estos dous monxes exerceron unha enorme influencia, tanto no pensamento como nas clases dominantes do seu tempo e mantiveron unha fluída comunicación con as correntes intelectuais europeas contemporáneas. O Padre Feijoo (1676-1764), autor do inxente “Teatro Crítico Universal”, intenta esbozar un orden social armónico partindo do existente, critica as supersticións da relixión e as crenzas populares, sobre todo a sua mais vistosa representación, os pretendidos milagres, que “afeaban” a imaxen do catolicismo, sobre todo frente a sobria, austera e próspera relixión protestante, de modo que os mesmos protestantes o viron encamiñarse na sua dirección, o que tuvo que desmentir categóricamente. E con razón, porque en 1739 un edicto da Santa Inquisición mandaba borrar “In Totum” os párrafos 74 e 75 do Discurso II do Tomo VIII do “Teatro Crítico Universal”, recén aparecido, por conter “doctrina perigosa”. E en 1746 ten que padecer unha chuvia de impugnacións a sua obra, de modo que o propio rei Fernando VI, sobre o que gozaba de certa influencia, e para protexelo efectivamente, o nomea membro do seu Consejo de Castilla, pola “general aprobación y aplauso que han merecido en la república literaria, a propios y extraños, sus útiles y eruditas obras”, o que non debeu de bastar, porque solo dous anos mais tarde unha Real Orden prohibía a publicación das impugnaciones as obras do Padre Feijoo.
Non tiña unha idea moi favorable dos folklores e culturas populares, e mostrábase moi escéptico co fenómeno do Camiño de Santiago, a diferencia de Frei Martín Sarmiento, con o que coincidíu nas suas estancias nos Mosteiros de Lérez e Poio, en Pontevedra, e do que probablemente foi o seu mestre, iniciando unha relación que duraría moitos anos.
|
|
Pedro José García Balboa (1695-1772), desde 1716 “Fray Martín Sarmiento”, home de intereses universales, gran botánico, a sua instancia créase o Jardín Botánico de Madrid, é consultado para a formación do Gabinete de Historia Natural, da Biblioteca Real e consultor de adornos do Palacio Real. Escribeu sobre Obras Públicas, con maior ou menor fortuna, a pesar de vivir enclaustrado na sua celda do convento de San Martín en Madrid, da que saía raramente, salvo para viaxar a sua terra natal, donde fixo unha descripción sorprendente da flora local, por non falar do interés que demostrou na sua lingua, algo absolutamente sorprendente no contexto do centralismo borbónico do século XVIII.
Interesado pola cultura científica europea da época e ao mesmo tempo xenófobo, Sarmiento reivindica o galego como a lingua peninsular mais cercana ao latín, e fustiga ao mesmo tempo os casteláns, que escravizaban os galegos e pensaban, como Góngora, que estas terras eran só “un conjunto de montañas áridas, incultas e inhabitables” (había que “correlos de vergonza”) a Galiza contaba con “848.000 almas de comunión, ó sea, la séptima parte del vecindario de España”, como os portugueses, aos que acusaba de “desagradecidos”, de “trato pernicioso para os galegos”, e chegaba incluso a decir: “o mellor de Portugal é un apéndice da Galiza, e o mais suave da sua lingua unha autorizada trastornación ao moruno da dulzura da lingua galega”
Na sua celda, ao modo das innumerables “Wunderkammer” que había por toda Europa naqueles tempos, reunía abundantes obxetos curiosos, cacharros con prantas para experimentos botánicos, moedas antigas, unha biblioteca que se pretende de oito mil volumes, cuadros do monxe Ricci, do Spagnoletto, e desde aquí, posiblemente por medio da sua relación con o seu protector o Duque de Medina Sidonia, exercía unha importante influencia na Corte. Era intransixente con moros, xudeus e protestantes, na mellor tradición católica, ao mesmo tempo que se declara contra a afición hispánica as abstracciones, vaguedades e charlatanería, e propón un sistema de ensino baseado nas ciencias físicas e naturais feitas no idioma vulgar.
A diferencia de Feijoo, home do Iluminismo que pretendía desterrar supersticións, bruxerías e fantasmas, Sarmiento quere preservar o seu recordo, como resto de crenzas do pasado remoto. En 1743 pide a creación de bibliotecas e xardíns en todas as cidades, como acontecía en case toda Europa, ou eso pensaba. É o primeiro en traducir ao castelán os termos botánicos, se ben con dificultades.
No seu país é mais coñecido por ser o primeiro autor en varios séculos que tente diginificar o uso do galego, aplastado e ridiculizado entre o castelán e o portugués, o que non quere decir que él o utilizara con moita frecuencia, se ben fixo innumerables e encomiables traballos sobre etimoloxía de termos en galego, sobre todo referidos a botánica e toponimia.
Non se pode decir que ningún dos dous relixiosos tivera unha actitude siquera levemente rupturista con o que até aquel momento había de estructuras políticas, sociáis ou relixiosas, quizás non poidera ser doutra forma, tendo en conta a institución a que pertencían, e incluso Sarmiento, ocupa varios anos en rebatir na sua “Obra de seiscientos sesenta pliegos” un papel que publicaran os abogados da Coruña contra os foros e terras que ocupaban os benedictinos na Galiza, e que contribuían a arruinar e empobrecer ainda mais os campesinos galegos, o que parece que contradice os seus afáns reformistas. Concibe un progreso social baseado nos progresos técnicos, que ten que ser moi lento e gradual, baixo as estructuras existentes, que, eso sí, teñen que ser melloradas. O Padre Feijoo parece que chega mais lonxe, situándose en fronteiras perigosas na sua crítica da milagrería e supersticiones contrarreformistas, o que lle valeu os apuros xa citados anteriormente, pero situándose nunha perspectiva que algúns poderían considerar menos moderna pola sua pouca afición por folklores, ritos ou peculiaridades rexionais. Nun país donde, a pesar de sufrir unha férrea dominación externa, o estado central só empezaba a ter un mínimo de presencia, a Igrexa Católica era a estructura de poder mais visible, e, como tal, pódese xulgar responsable principal do status quo: Martín Sarmiento quéixase amargamente que desde a “Doma e Castración” do Reino da Galiza todas as altas xerarquías do monacato galego estaban en mans de casteláns, pero non dubidou en vivir a maior parte da sua vida en Madrid, cidade por él moi criticada pero donde gozaba de enorme influencia. As veces parece que a reivindicación que fai das cousas galegas mais parece unha reivindicación das suas orixes para reforzar a sua posición de típico eclesiástico intrigante.
|
San Martín Pinario
|
Ilustrado urbanismo
Durante o século XVII e primera metade do XVIII a cidade de Santiago de Compostela adquiriu unha brillantísima e deslumbrante envoltura barroca, que non bastou para culminar un esforzo de renovación urbanística que se encararía con grande eficiencia e efectos ainda agora ben visibles hacia a parte final do século. A variedade de comitentes de obras: o Arcebispado, o Cabildo Catedralicio, o Consistorio, unha puxante e renovada burguesía local que propicia un inédito auxe da arquitectura doméstica, os mosteiros, as parroquias, todo únese nun vigoroso ímpetu constructivo que foi felizmente unido a un esforzo de racionalización e regulación urbanística.
|
Así, no edificio mais emblemático da cidade, encárase a construcción da fachada que da entrada do Camiño de Santiago, a Azabachería, proxecto complexo encargado a un arquitecto foráneo, Ventura Rodríguez, feito excepcional neste lugar e nesta época, que dou lugar a un resultado academicista e ao mesmo tempo un tanto anticuado para os aires artísticos da cidade, e moi pouco satisfactorio en relación con o resto do edificio.
|
Pero o proxecto mais ambicioso e sorprendente encarado na cidade na segunda metade do século XVIII foi o edificio construido para Seminario de Confesores, Consistorio e Cárceres Eclesiástica e Secular (1767-1787) por iniciativa do Arcebispo Bartolomé Raxoi e Losada, conocido xeralmente como Palacio de Raxoi, e que hoxe alberga o Concello de Santiago de Compostela, e tamén é a sede representativa da Presidencia da Xunta de Galicia.
O proxecto foi encargado ao Enxeneiro militar de orixen francés Charles Lemaur, que conseguíu facer un fermoso edificio de tradición mais francesa que hispánica, pero que se integra espectacularmente no novo espacio da Praza do Obradoiro. Resulta curioso ver o contraste entre a estética palaciega e racionalista da fachada e os motivos da decoración do frontón dedicado a Batalla de Clavijo donde se representa o episodio en que Santiago “Matamoros” supostamente acudiu en axuda dos cristiáns para o exterminio do Infiel, alegoría un pouco mais truculenta do que parece que se podería esperar nun edificio deste carácter. Parece unha advertencia que o racionalismo ten que chegar sólo hasta certo punto...
Pero o mais interesante do novo edificio é o que significa de esforzo de racionalización de un vastísimo espacio urbano que pasou a ser, de este modo, o mais emblemático da cidade, e con gran éxito.
|
|
|