SOBRE A ILUSTRACIÓN GALEGA
TEORÍA E PRÁCTICA (fim)

Palacio do Marqués de Santa Cruz

Sendo a Praza de Obradoiro o exemplo mais brillante de renovamento urbano, non foi un caso isolado, así as regulacións municipais de 1775 e 1780 supuxeron a liberación de obstáculos de orixen medieval como voladizos e demáis obstáculos á viabilidade urbana, o alargamento das rúas, supresión de esquinas para facilitar a circulación do tráfico rodado, o empedramento, a rehabilitación de vivendas ruinosas. Así, emprendéuse a reurbanización da Rúa da Acebechería, que era o fin do Camiño Francés, e constituía naquela época a principal via de ingreso á cidade, que culminaba na nova fachada da Catedral, e se prolongaba até a Praza do Obradoiro. Tamén a partir de 1780 melloróuse significativamente o sistema de hixiene pública, con a construcción de un completo sistema de cloacas e cañerías para o abastecemento das augas. E promovéuse a introducción de un novo tipo de vivenda doméstica mais racionalizadas e de destacable elegancia formal. Ao mesmo tempo, podemos atopar proxectos de renovación ou construcción de novas vivendas aristocráticas, das cuais o mellor exemplo quizás sexa constituido polo Palacio do Marqués de Santa Cruz (construido a partir de 1803)

As novas normas de renovación urbana constituiron tal éxito, que permitiron a evolución do centro histórico até case o século XX, sen que se paralizara a actividade habitativa ou comercial, e integrando as novas construccións de modo que non se desvirtuara a estructura urbana tradicional, permitindose ao mesmo tempo a adaptación dos novos tempos. Así, unha cidade poseedora dun dos núcleos históricos mais coñecidos de Europa, dispón en realidade dun número sorprendentemente corto de edificios xenuinamente medievais, mentras que está plagada de construcciones do século XVIII e posteriores que en nada desmerecen e incluso melloran as anteriores.






Rua da Acebechería

Aproveitando a expulsión da Compañía de Jesús , nun xesto altamente simbólico, a Corona permitiu a construcción do novo edificio da Universidade no solar do colexio xesuítico, manifestando grande interés en borrar a memoria da orden recén espulsa. Así, levantóuse entre 1771 e 1796 un vasto edifico neoclásico con decoracións que por primeira vez prescinden de calquer referencia relixiosa, e que representan o triunfo do Saber e a Ciencia sobre o Oscurantismo. E podemos apostar que en certo modo o conseguiran, porque despois da volta da Orden á cidade parece que se perdera o recordo de que ocupara tal solar. Agora a Compañía de Xesús ocupa un emplazamento moito menos representativo, e a sua estética é máis que desafortunada. O único elemento sobrevivinte a expulsión da Orden é a Igrexa da Compañía, que agora é utilizada para sala de exposiciones da Universidade de Santiago de Compostela.

Edificio da Universidade (Facultade de Historia)

Otro exemplo interesante de remodelación urbana é constituído pola construcción da Capela das Ánimas (1784), un dos exemplos mais acabados de arquitectura clasicista na cidade. Trátase de un templo de gran tamaño que levou a unha nova configuración do barrio das Casas Reais, de gran presencia e frialdade formal que xa está moi lonxe da tradición barroca local, e que tamén pode ter mais referencias extrapeninsulares que españolas.

Na mesma zona podemos encontrar a mais pequena e elegante Igrexa de Santa María do Camiño (1748-1778), de arquitectura de tonos mais suaves, case con un toque de rococó no óculo da fachada, e que se integra brillantemente nun barrio remodelado contemporáneamente, conservando boa parte do trazo urbanístico orixinal.

Na actual Praza de Cervantes e antiga Praza do Campo, antigo centro comercial da cidade, levántase San Benito do Campo (1795), que culmina a remodelación da mesma nun espacio mais representativo e digno, se ben a propia igrexa non é o exemplo mais feliz da arquitectura da época.




Santa María do Camiño

Por último, podemos falar da Igrexa de San Miguel dos Agros, que culmina o período do Clasicismo en Santiago, xa ben entrado o século XIX, o que da unha idea da boa introducción da nova estética na arquitectura eclesiástica, poñendo punto final a longa historia da construcción impulsada pola Igrexa Católica no centro da cidade.

San Benito do Campo, Capela das Ánimas e San Miguel dos Agros

Ilustrados laicos

O reformismo do s. XVIII tamén abarcou a Economía, se ben, mais que propoñer novos sistemas económicos, o que se pretendía era reforzar o existente mediante a mellora da productividade. Propugnábase o mantenemento da sociedade agrícola, con o fortalecemento dos sectores industrial e comercial. Critícase o orden feudal ( mais referido ao tremendo dominio da propiedade da terra por parte da Igrexa Católica), pero sen suxerir un orden alternativo. Fúndanse, dentro do espíritu da época, institucións como a Academia de Agricultura de Galicia, sempre constituídas por iniciativa particular, que sólo conseguíu sobrevivir desde 1765 até 1774. O seu principal promotor foi José Cornide Saavedra (A Coruña 1734, Madrid 1803), figura emblemática do reformismo galego, político, xeógrafo, naturalista, moi ligado a Corte e a Monarquía.

Un pouco mais de sorte tiveron as sociedades económicas, bastante mais tardías. Así, en 1783 créanse a Sociedad Económica de Amigos del País de Lugo e a Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (a aprobación real non chegaría até 1784 no caso de Santiago e 1785 no de Lugo). A composición de estas sociedades é moi significativa dos estamentos sociais predominantes: a de Santiago foi promovida polo alto clero catedralicio, que estaba ligado con a Universidade, con elementos da nobreza e da burguesía comercial. Os fines declarados eran o aumento da producción, o establecemento de novas industrias e a loita pola liberalización comercial. Coñécense iniciativas acompañadas dun certo éxito, como a implantación de varias industrias locáis e o descubremento dunha mina de carbón, e outras mais desafortunadas como o fomento de cultivos industriais como liño, cáñamo e seda.

Moi ligada con a Sociedad Económica estaba a Universidade de Santiago, que desde 1730 acollía un importante número de cregos ilustrados, sobre todo en torno do Colexio de Fonseca, reducto do bloque manteísta, que era partidario duna reforma que dera primacía as ciencias experimentáis. Pero en 1781 o Consejo de Castilla, (non esquezamos que a Galiza non tiña ningún tipo de institución representativa, e non era recoñecida como Reino, nin siquera como rexión) nomeóu rector a Páramo y Somoza, un dos fundadores da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, na que, polo bando manteísta, tiña tamén entre os seus membros a Luís Marcelino Pereira, Catedrático de Matemáticas. Entre o bando mais progresista tamén pódese citar Pedro Pardo de Bazán, Catedrático de Institucións Civiles, crego e líder do movimento liberal compostelano, e posteriormente aberto colaborador do exército francés, e Francisco del Valle Inclán, líder do bando anticapitular na crisis universitaria de 1779.

Nesta época, ademais da relativa prosperidade de cidade de Santiago, que era a mais grande cidade galega, tamén prodúcese na Coruña un interesante ímpetu constructivo propiciado pola apertura do seu porto ao comercio as Indias e o consecuente auxe da burguesía local, mais a presencia das institucións representativas do poder central. Así, o edifcio que albergou a Real Audiencia de Galicia, posteriormente Capitanía Militar, construído entre 1748 e 1753. Tamén poden sinalarse interesantes exemplos de urbanización como o das Casas de Paredes custeadas, a partir de 1779 por membros do comercio da cidade, enriquecidos gracias a habilitación do porto ao comercio ultramarino, levantadas segundo a idea do Capitán Xeneral Martín Cermeño.

Tamén é interesante o esforzo urbanístico e constructivo na cidade de Ferrol, que se convertiría nesta época nunha das grandes bases da Mariña española, e que foi remodelada completamente, ofrecéndonos así un completo exemplo de arquitectura planificada, relativamente ben conservada.

Así configúrase un cadro rico e variado de reformismo, non só teórico, que conseguíu resultados visibles, pero que non tuvo continuación, porque os tempos sucesivos de invasións napoleónicas, salvaxes reaccións absolutistas e xeral embrutecemento da vida pública española, con inevitábeis consecuencias na Galiza, non propiciarían a recuperación do ímpetu reformista até finais do século XIX.

Nunca mais volveron a verse arcebispos como os de esta época, con mais visión que a de conservación de influencias ou privilexios, ou unha nobreza que acabaría por emigrar na case totalidade á “capital”, unha burquesía cada vez mais exigua, pero que cen anos despois manifestaría algunhas sinais de vida, e de donde empezaría a vislumbrarse outra idea de organización política e de organización do territorio e recuperación da identidade nacional, alén da curiosidade folklórica e o paternalismo.


BIBLIOGRAFÍA:

Francisco Singul: La Ciudad de las Luces, arquitectura y urbanismo en Santiago de Compostela durante la Ilustración. Consorcio de Santiago, 2001.

Don Antolín Peláez: El Gran Gallego (Fray Martín Sarmiento). Andrés Martínez editor, La Coruña 1895. Reedición facsímil Xunta de Galicia 2002.

Gran Enciclopedia Gallega.

Frei Martín Sarmiento: Viaxe a Galicia (1754-1755)

La Voz de Galicia, edición xoves 9 de maio de 2002