Procurar imagens
     
Procurar textos
 

 

 

 

 


 

 

ALFONSO X
AFONSO X, O SÁBIO
(1221-1284)
Pero que seja a gente
 
Pero que seja a gente
d'outra lei [e] descreuda,
os que a Virgen mais aman,
a esses ela ajuda.

Fremosa miragre desto
fez a Virgen groriosa
na cidade de Marrocos,
que é mui gran' e fremosa,
a un rei que era ende
sennor, que perigoosa
guerra con outro avia,
per que gran mester ajuda.

Avia de quen lla désse:
ca assi corn' el cercado
jazia dentr' en Marrocos
ca o outro ja passado
era per un grande rio
que Morabe é chamado
con muitos de cavaleiros
e mui gran gente miuda.

E corrian pelas portas
da vila, e quant' achavan
que fosse fora dos muros
todo per força fillavan.
E porend' os de Marrocos
al Rei tal conssello davan
que saisse da cidade
con bõa gent' esleuda.

D'armas e que mantenente
cono outro rei lidasse
e logo fora da vila
a sina sacar mandasse
da Virgen Santa Maria,
e que per ren non dultasse
que os logo non vencesse,
pois la ouvesse tenduda.

Demais, que sair fesesse
dos crishõos o concello
conas cruzes da eigreja.
E el creeu seu consello;
e poi-la sina sacaron
daquela que é espello
dos angeos e dos santos,
e dos mouros foi viuda.

Wue eran da outra parte,
atal espant' en colleron
que, pero gran poder era,
logo todos se venceron,
e as tendas que trouxeran
e o al todo perderon,
e morreu y muita gente
dessa fea e barvuda.

E per Morabe passaron
que ante passad' ouveran,
en sen que perdud' avian
todo quant' ali trouxeran,
atan gran medo da sina
e das cruzes y preseran,
que fogindo non avia
niun redea teuda.

E assi Santa Maria
ajudou a seus amigos,
pero que d'outra lei eran,
a britar seus eemigos
que, macar que eran muitos,
nonos preçaron dous figos,
e assi foi ssa mercee
de todos mui connoçuda.