Manuel Angel Seoane: O Xardín do Capitalismo /Texto
www.triplov.com
30-11-2005

Home Next

Pasatiempo_01

O Xardín do Capitalismo

Todos coñecemos xardíns públicos, é imposible encontrar povos, vilas ou cidades que non dispoñan de algún. Todos coñecemos xardíns privados, de infinitos tamaños, formas e dimensións. Pero xardíns privados pensados para o uso e beneficio público son bastante mais raros, e os que sirven para sufragar institucións de beneficencia, ainda menos.

 

Por iniciativa do rico indiano e filántropo Juan García Naveira, na cidade de Betanzos foi construido o asombroso “Pasatiempo”, que inicialmente formaba parte dun moitísimo mais vasto complexo dos “Jardines del Pasatiempo” que, desgraciadamente, non lograron sobrevivir o moderno e prestixioso urbanismo galego. A partir de 1893-1895 comenzou a construción do que de algún modo se pode calificar como Parque Enciclopédico donde, con un eclecticismo digno da época, se reúnen arquitectura, xardinería, escultura, pedagoxía e diversión do modo mais insólito e orixinal. No pouco que se conserva actualmente, que non chega a décima parte da extensión orixinal, atopamos unha enorme variedade de formas, representacións e intencións que non son sempre de fácil interpretación, se é que se trata de interpretar todo ou ben se trata simplemente de acumulación casual ou caprichosa de imaxes e formas que actualmente asombran o visitante.

 

O fin inicial de este complexo era a financiación de asilos para pobres e dar traballo a desempregados. E deste modo convertíase nunha especie de precursor dos modernos parques temáticos, incluíndo un pequeno parque zoolóxico e ilustracións de viaxes da familia García Naveira que hipotéticamente servirían para a ilustración popular mediante a representacións dos modernos avances tecnolóxicos e estampas exóticas que deberían dar unha visión “global” e exótica do mundo na pequena realidade local. Mais unha visión optimista do progreso económico e social a través do que agora volta estar de moda no chamado “capitalismo compasivo”, con o enaltacemento das ganancias económicas do capital privado postas ao servicio do beneficio social. E son numerosas as obras como escolas, asilos ou diversas fundacións que na zona sobreviven por iniciativa da familia García Naveira que testemuñan que non se trataba de vacía retórica.

 

O Parque inicial cubría 90.000 metros cuadrados, dos que 80.000 correspondían aos xardíns que desde a cidade e o río Mendo ata o Pasatiempo, e incluían numerosas fontes e estanques, ademáis da “Avenida de Los Emperadores Romanos” con os seus correspondentes bustos esculpidos en Roma, a “Avenida de los Álamos” adornada de representacións de literatos como Dante, Milton ou Dickens. E o elemento mais espectacular, e do que se conserva algún material gráfico era o Estanque dos Papas, que estaba rodeado dos bustos de máis de cen pontífices.

 

O Pasatiempo, do que actualmente se conserva unha boa parte, ocupaba 8.000 metros cuadrados distribuídos en cinco niveis na faldra do monte, comunicados por escalinatas ou grutas. O nivel actualmente mellor conservado é o corresponden ao “Estanque del Retiro”, repleto de elementos decorativos e con unha illa no medio con templete oriental incluído e, con un gusto altamente representativo das terras galaicas, reune numerosas e variadas represenatcións alegorícas dos mais variados estilos estéticos ou artísticos,  relacionadas entre si, ou non... Os seguintes niveis están enriquecidos de ilustracións histórico-pedagóxicas como o sacrificio de Tupac-Amaru, a suposta fraternidade entre a Monarquía Española e as emancipadas fillas republicanas americanas, un excelente conxunto de grutas, unha maravillosa representación do “Árbol Genealógico del Capital”, estampas de viaxes polo Exipto da familia García Naveira, as últimas novedades tecnolóxicas como aeroplanos, dirixibles... E no seu último nivel chegou a contar incluso con un xardín zoolóxico que constituía unha das grandes atraccións do recinto.

 

Á morte de Juan García Naveira, e sen provisión algunha no seu testamento para a manutención do Pasatiempo, que a pesar de estar incluído nas guías turísticas como atracción turística nunca chegou a autosustentarse, o parque entrou nunha lenta decadencia que se acentou na Guerra Civil de 1936 – 1939, e na sucesión de rexímenes posteriores, tanto representativos do fascismo nacional como de otro tipo de “ismos” agora ben coñecidos. Nos anos 40 o parque sufreu o saqueo masivo de materiais de ferro e chumbo dos canos e gañou a reputación de ser lugar de refuxio de maquis (grupos de resistentes ao franquismo) e de amores “clandestinos”.

 

E peor aínda, os terrenos foron vendidos e dedicados á agricultura, vendo así como os elementos “supérfluos” eran vendidos para sacar algo de rentabilidade na magra economía da época. Así tanto na zona como en lugares ben mais lonxanos, como o Santuario de Covadonga en Asturias (podemos decir que, irónicamente, os leóns da entrada do que era o “Parque da Razón” pasaron a adornar o “Parque da Superstición”?), podemos ainda ver os “despoxos” do que a desidia e a cobiza case consigue destruir. Nestes últimos anos procedéuse a recuperación da parte do Pasatiempo que ainda sobrevivía, e foi integrado dentro dun horreno xardín público que está adornado dun horrendo auditorio en formigón que tapa completamente a vista entre o Pasatiempo e a cidade de Betanzos, o enésimo exemplo dos alardes que pode atinxir a moderna arquitectura e urbanismo galegos. Ademais unha estrada corta o parque do Pasatiempo que é sorteado por unha xigantesca pasarela digna da mellor autoestrada. En fin, todo tipo de horrores que, desgraciadamente, non estamos seguros que finalizaran…

 

 

 

Manuel Angel Seoane

 

Xurista, Galiza