PRECAUCIONES CONTRA LOS ABUSOS DE LOS ALQUIMISTAS
Curiosamente, Feijoo dedica moitas páxinas a defenderse da acusación de tomar boa parte dos seus materiais e argumentos das Mémoires de Trevoux, diccionario enciclopédico editado entre 1704 e 1771, e do que o monxe benedictino coñecía as primeiras edicións, que son unha refundición da obra do protestante “Dictionnaire Universel de M. Basnage de Bauval et M. Huet, ministre”, editado no exilio da Haia en 1701, poucos anos despois da revocación do Edicto de Nantes. Esta circunstancia resulta clarificadora sobre a visión máis racionalista e escéptica con a que o noso autor aborda o tema da Alquimia. As aventuras do Conde de Salvagnac non acabaron aquí. Seguramente despois de ter problemas de “común policía” en Francia, posteriormente encamiñóuse á Corte de España, e a aventura é relatada nunha carta dun fraile capuchino, reproducida a sua vez no “Teatro Crítico Universal”:
Feijoo pregúntase se o Conde disfrutaba de fama de embustero en Francia, especulación que parece inútil... Este experimento non era inédito, sobre 1680 foi intentado ante o Marqués de Brandenburgo, avó do Rei de Prusia, pero foi abandonado. Vinte anos mais tarde foi proposto ao Landgrave de Hesse-Kassel, pai do Rei de Suecia, ainda con menos éxito. Para conseguir o resultado buscado, as cousas deberían desenvolverse da seguinte maneira: Ponse a ferver dez pintas de auga nunha pota de chumbo, e bótase nela cuatro libras de Vitriolo azul en pó. Feita a disolución, introdúcense vinte onzas de ferro novo, dividido en pedazos delgados e colocado nunha cesta de vime, tendo suspendida ésta encima do licor. Despois dun cuarto de hora de ebulición e fermentación retírase a cesta e deberíanse atopar pedazos de ferro tinguido de vermello polo cobre que se debería depoñer sobre eles. Sumérxese despois a cesta nunha tina vidriada chea de agua fresca, e, abanándoa, os pedazos de ferro deponen na agua un pó vermello misturado con briznas de cobre, que por razón do seu peso baixan ao fondo da tina. Devólvese a cesta á solución de Vitriolo, e despois de algún tempo os pedazos de ferro cargáronse de novo con cobre. Fáise por segunda vez a dilixencia de sumerxilos e axitarlos na auga fresca con o que volven a soltar a o novo cobre recibido na segunda infusión. Así vanse alternando até que a solución de Vi! triolo non logra extraer mais porción de cobre sobre o ferro e sae como entrou, sen coloración, ficando tan só unha lámina de ferro liso. Finalmente, quítase a auga clara e déixase secar a fogo lento o cobre precipitado en pó ao fondo da tina, que despois mézclase, habendo atinxido unha cor parecida a do café,, con cuatro libbras de Tártaro vermello, detonado con duas libras de salitre. Feita esta mezcla exactamente, bótase pouco a pouco no crisol, colocado no forno con fogo suficiente para a fundición. Unha vez perfeccionada, debería resultar nunha masa de cobre puro, que pesaría catorce onzas e tres adames. E o peso do ferro resultante debería ser de só tres onzas e tres adames! Pero o Padre Feijoo non ve as cousas tan claras e diáfanas como pode parecer na receita que acabamos de describir, e citando ao mesmo Mr Gofredo, que é o autor de donde saca a fórmula, observa que o ácido vitriólico vai roendo e disolvendo pouco a pouco o ferro, de modo que éste váise depositando no “licor”, ocupando o lugar que antes ocupaba o cobre, demostrándose en que solución vitriólica adquire unha cor verdosa por razón da mezcla con o ferro en lugar da cor azul resultante da mezcla con o cobre. Así a transmutación non existiría, e sólo unha disolución do ferro e precipitación do cobre contido no Vitriolo. A continuación, Padre Feijoo aborda a Pedra Filosofal, da cual a idea das inmensas riquezas que pode ofrecer “pica vivamente la imaginación de los hombres”. Así, citando a Mr. Gofredo, enumera toda a serie de trucos empregados para facer creer que a tal pedra existe:
Ou ben outros procedementos ainda mais inxeniosos, como facer un buraco nunha peza de carbón, encherlo con pós de ouro ou prata ou solucións dos mesmos metais, e moléndoos facer pós de proiección para botalos sobre os metais que se pretenden transmutar, resultando nunha solución de “mera farándula”. De modo mais artesanal ainda, pódese intentar con varas de madeira con a extremidade furada, e no oco resultante introdúcense limaduras de ouro ou prata, pechándose o buraco con serradura sutil da mesma madeira, e meneando ou queimando as variñas libéranse os metais preciosos conseguindo o fin desexado. Outro artificio ben coñecido consistiría en facer unha especie de mezcla de ouro e prata calcinados con cal de Antimonio, Chumbo e Mercurio. No chumbo poden ir incluídas pequenas cantidades de ouro e prata. Branquéase o ouro con mercurio e fanse pasar por estaño ou prata, provocando a ilusión de que o ouro e prata que resultan de estas operaciones obténse por transmutación. Otro truco mais simple consistía en fabricar cravos metade en ferro, metade en ouro, de modo que introducido na solución adecuada surxiría tan só a metade dourada, producindo así a ilusión da transmutación. Un de estos exemplares podía atoparse alegadamente no Gabinete do Gran Duque de Toscana. Outro exemplo similar era a transformación de moedas constituídas por varios metais en outras dun único material, evidentemente o mais costoso. A febre do ouro: Chrysopeya e pedra filosofal
Despois dunha longa disertación sobre a posibilidade ou imposibilidade de obter a tal Pedra Filosofal, e enumerando singulares argumentos utilizados tanto por alquimistas, que pretenden soster argumentos empíricos, e filósofos, con singulares argumentos teóricos tales como que os minerais surxen de sementes, e en realidade pertencen ao Reino Vexetal, nada menos, vamos ao que nos interesa, a enumeración de casos mais ou menos escandalosos que deberon de dar a volta por toda Europa, e que non puderon deixar de provocar efectos negativos na fama e reputación da Alquimia: O Xeneral Prikel, que militaba para o Rei de Polonia contra o seu propio Soberano, o Rei de Suecia, foi feito prisioneiro na Batalla de Cracovia en 1705, e en 1707 é condenado a morte. Para seguir vivo, alegou que era en posesión da Pedra Filosofal, e non só ofrecíase en aumentar o Tesoro Real, sino que ademais pasaría o preciado secreto ao propio Rei de Suecia. Así encargou que se comprasen determinadas drogas que se preparasen de determinada maneira, despois do que entregou certos pós que arroxados na mezcla, deron como resultado a obtención dunha materia que, examinada na Casa da Moeda, resultou ser verdadeiro ouro. Feijoo deduce que todo foi un intento de corrupción dos guardas, por valor de douscentos escudos, porque en dous anos que estuvo preso tería tempo para fabricar o ouro non só para enriquecer os guardas, senon para “conquistar el Mundo”. Parece que a proposta encontrou o total desprecio do Monarc! a sueco.
Ademais, existen testemuñas presenciais de tales actos prodixiosos? Rumores populares aseguran que Raimundo Lulio (Raimon Llul) fabricou ouro en presencia do Rei de Inglaterra, do que se fabricou moeda chamada “El Noble de Raimundo”, e esto o asegura Roberto Constantino, médico de Caen, que o supo dous séculos despois, a pesar de que non hai autor inglés que fale do tema. O mesmo se pode decir de Arnaldo de Villanova (Arnau de Vilanova), que, alegadamente, fabricou para o Papa varillas de ouro, e por algunha razón inexplicable, si se aceptara a veracidade do experimento, por qué non foi aproveitado polo Pontífice para fabricar ainda mais inmensos tesouros? Ou Oporino, discípulo de Paracelso, que asegura que, a pesar de non ver seu maestro transmutar ningún metal en ouro, moitas veces deitábase a dormir na mais profunda pobreza e despertábase pola mañá mostrando moedas de ouro e prata, feitas con a Arte da Alquimia.
E de todos, o que pudera merecer eventualmente mais crédito é Nicolas Flamel, veciño da Rue des Ecrivains en Paris, perto da Capela de Saint Jacques-la-Boucherie, e que, segundo escribe en 1399, tuvo acceso aos libros dos “Filósofos”, donde descubre que “Abraham Xudeu, Príncipe, sacerdote, levita, astrólogo e filósofo” para axudar a sua nación cautiva a pagar os impostos aos emperadores romanos, e mais cousas que non se poden explicar, ensináballes a arte da transmutación con palabras comúns e, mellor ainda, con gráficas representacións artísticas de “belas figuras iluminadas ou pintadas con grande artificio”. Durante vinte anos intentou interpretar as fórmulas representadas, sen grandes (sen ningún) resultado, polo que fixo unha promesa a Santiago de Galiza para solicitar a interpretación das mesmas a algún sacerdote xudeo camiño, porque como para chegar alá hai que cruzar antes España, en calqueira das sinag! ogas de aquel país. Así, tomou o hábito e o bordón, chegou a Santiago, cumpríu o seu voto con grande devoción, e a volta en León encontrou un médico xudeo convertido ao cristianismo que lle axudou a empezar a descifrar o principio. Acompañóuno na volta a Francia, pero desgraciadamente morreu en Orleáns “moi cristianamente”. Esto non impediu a obtención do que estaba buscando, e o 17 de Xaneiro de 1382 convertíu mercurio en prata pura, e o 25 de abril, ouro por fin, e moito mellor do ouro corrente. Así con a fortuna acumulada, e despois dunha vida devota, deixóu doacións perpetuas a catorce hospitais en París, construido tres capelas, bens e rentas a sete igrexas, mais outros innumeraveis beneficios a órfaos e demais. Finalmente, resolveu facer pintar no cuarto arco do cemiterio dos Inocentes (entrando pola Rue de St. Denis, do lado dereito) os misterios da resurrección futura, e o que mais interesa, para os entendidos en filosofía natural, todas as principias e necesarias op! eracións do Maxisterio. E deixóunos uha pormenorizada relación sobre a interpretación que se pode dar a tales hieroglifos. Até aquí, todo moi ben, pero Feijoo, devólvenos outra vez a unha visión mais terrenal do asunto, e citando “Autores franceses de buen juicio” nos informa que Flamel, que chegou a posuír a prodixiosa suma de quinientos mil escudos, conseguida con roubos e extorsións, sobre todo entre os xudeos do Reino, e para ocultar os seus métodos delictivos e evitar o merecido castigo, finxiu deber todos aqueles tesouros ao segredo da Pedra Filosofal. Así, con estas historias “extremadamente ridículas”, os alquimistas pretenden confirmar os seus soños como verdadeiros, e creen, ou pretenden facer creer que a Pedra Filosofal permite ao ser humano posuir un beneficio moito maior que enriquecelo: preservarlle de toda enfermedade e alargarlle a vida por moitos séculos. De Artefio publicóuse que viveu mil e vinte cinco anos e que coñeceu os segredos mais altos de todas as ciencias. E como parece que éste era un dos argumentos que parecía mais mais atractivo para xentes incautas en esta época e posteriores (o chamado Conde de Saint Gemain, por exemplo, non tiña reparos en esparcir famas semellantes), Padre Feijoo nos conta unha anécdota mais ou menos contemporánea:
En fin, dice que con os Libros dos Alquimistas debería facerse o que fan estos con os metais, é decir, calcinalos, disolvelos, amalgamalos, fundilos e precipitalos. E se non se chega a este rigor, fágase de eles a estimación que fixo León X dun libro que lle dedicou un alquimista: esperaba o autor unha considerable gratificación de aquel Protector das Artes e Letras, pero o que o Pontífice fixo redúxose a unha bosa valdeira que lle enviou decindo que , coñecendo a arte de facer ouro, non precisaba que un recipiente donde botalo. O evidente descrédito que a Alquimia tiña xa na primeira metade do século XVIII entre os autores que se poden calificar de ilustrados e racionalistas, provocado tanto por unha maior difusión do saber como polo avance das Ciencias, é o primer signo da sensibilidade contemporánea hacia estos fenómenos, nos que poucos creen a pesar da curiosidade que suscitan. Se ben a procura do ouro continúa, e con métodos cada vez mais milagrosos... E así conclúe Feijoo que todo o que dicen os Alquimistas sobre a Chrysopeya é “invención y sueño”
Bibliografia: Feijóo y Montenegro, Benito - Theatro Crítico Universal o Discursos varios en todo o genero de materias para desengaño de errores comunes, “VIII - Piedra Philosofal” Tomo tercero, quinta impression, Madrid, Imprenta de los Herederos de Francisco del Hierro. 1741. Feijóo y Montenegro, Benito - Theatro Crítico Universal o Discursos varios en todo o genero de materias para desengaño de errores comunes, “XVII Nueva precaucion contra los artificos de los alquimistas; y indicacion de el Autor contra una grossera calumnia” Tomo quinto, tercera impression, Madrid, Imprenta de los Herederos de Francisco del Hierro. 1742. Victor Zabildea, Victoria Paniagua, Elena Fernández de Cerro y Casto del Amo Alquimia e Ocultismo, Textos de Hermes, Zózimo, Geber, Bacon, Flamel, B. Valentim, A. Vilanova, R. Lúlio, Helvécio, Agrippa, Paracelso, Barbault et al. Ediçoes 70, Lisboa 1991. Flamel, Nicolás. Libros de las Figuras. Bibliothèque des Auteurs Chimiques (1628), Sumarium Philosoforum, Museum Hermeticum. FURETIERE PAR BASNAGE DE BEAUVAL 1701, DICTIONNAIRE UNIVERSEL, deuxième édition, revue, corrigée & augmentée par M. Basnage de Beauval, La Haye / Rotterdam, chez Arnout & Reiner Leers , 1701, 2 volumes 1704, DICTIONNAIRE UNIVERSEL FRANCOIS & LATIN VULGAIREMENT APPELE DICTIONNAIRE DE TREVOUX, Dédié à son Altesse Serenissime Monseigneur Prince Souverain de Dombes, chez E. Ganeau, 3 volumes.
MANUEL ANGEL SEOANE (1963, Santiago de Compostela, Galiza) é Licenciado en Dereito. Realiza apoio xurídico a particulares e está especialmente interesado no estudio das sociedades do século XVIII e posteriores. |